Dous cadros presiden dende hoxe o novo Auditorio municipal
O artista Manuel Ayaso segue presente na memoria colectiva dos ribeirenses e, con motivo do terceiro aniversario do seu falecemento, o Concello rendeu tributo a este fillo predilecto do municipio ao abeiro da programación do Maio Cultural 2026.
A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, manifestou durante este acto de lembranza que “el representaba e representa a excelencia artística, pois non podemos falar só en pasado do seu legado e da súa figura, porque persisten no presente coa garantía de chegar ao futuro.”
Primeiramente realizouse unha ofrenda floral a carón da escultura na súa honra que preside a praza do Concello para, despois, desprazarse ata o novo Auditorio municipal para proceder co descubrimento dos dous cadros que permanecerán nesta instalación municipal. Dunha banda, un de Ayaso, de 1974, cedido en depósito pola súa filla Mónica; e, doutra, un retrato do propio artista elaborado por Fernando Yáñez, quen fai a doazón da obra á Administración local e xa recreara ao pintor aguiñense en formato de mural na rúa de Galicia, nas proximidades de Padín.
Sampedro tamén lembrou que no Pleno ordinario do mes de xaneiro se aprobou o inicio dos trámites para facerse co seu legado artístico e a biblioteca, primeiro, facendo cos informes técnicos pertinentes para determinar o valor da obra e, posteriormente, dispoñer dunha sala específica para a súa exposición durante os próximos cinco anos. “Este é un exemplo do compromiso do Concello de Ribeira por manter vivo o seu legado”, remarcou. Así mesmo, interviñeron o director do Museo do Gravado de Artes, Pastor Rodríguez, e o propio artista, Fernando Yáñez, para explicar parte da obra de Ayaso.
Nesta xornada cultural tampouco faltou a música da man do grupo Os Liantes de Artes




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.