Tuesday 19 de May de 2026

Ana Martínez e Carlos Lorenzo gañadores da Carreira Pedestre de Outes


O Concello de Outes acolle unha nova edición da Carreira Pedestre na que Ana Martínez e Carlos Lourenzo, nas súas diferentes categorías subiron ao máis alto do pódium.

Na clasificación xeral feminina, Ana Martínez, compartiu foto das gañadoras con Mariela Mayo, que acadou o segundo posto e Sandra Muñiz, o terceiro. En categoría masculina, Carlos Lorenzo fíxoo o propio con Pablo López, que acadou a segunda posición da xeral e Fernando Vázquez no terceiro posto.

O concelleiro de Deportes do Concello de Outes, Tono Caamaño estivo acompañado de Sara Caamaño e Andrés Pérez, ámbolos dous deportistas destacados locais. O responsable municipal desta área fixo especial fincapé “ na gran acollida que tivo un ano máis esta iniciativa co alto número de participantes” e agradeceu “a todas as persoas que dunha maneira ou outra colaboraron desinteresadamente coa proba, a Protección Civil de Outes e tamén aos clubes deportivos, para que a carreira puidera levarse a cabo sempre nas mellores condicións, sendo ano tras ano un éxito”

Deja un comentario