Tuesday 19 de May de 2026

Neda celebra este mércores a súa XXIV Gala do Deporte, coa atleta Esther Pedrosa como madriña


A XXIV Gala do Deporte de Neda contará este ano cunha madriña de excepción. A compostelana Esther Pedrosa, auténtica lenda do atletismo galego e español, acompañará este mércores, a partir das 20 horas, na Casa da Cultura, aos e ás deportistas locais recoñecidos nesta cita polo esforzo, traballo e resultados obtidos ao longo da tempada 2024-2025.

Na XXVI Gala do Deporte de Neda serán galardoados polos seus méritos un total de 28 deportistas locais das máis diversas disciplinas (fútbol, fútbol sala, natación, atletismo, tenis, automobilismo, baile deportivo, triatlón…)

No transcurso da cerimonia, na que se entregarán cinco mencións especiais, desvelarase quen son as mellores promesas masculina e feminina (menores de idade) e quen merece o título de “mellor deportista de Neda”.

E para amadriñar as entregas, o Concello contará cunha atleta internacional cunha traxectoria, que abrangue máis de catro décadas. Trátase da plusmarquista e múltiple campioa mundial Esther Pedrosa Carrete (Santiago, 1961).

Da traxectoria desta pioneira, que aínda non pensa en colgar as zapatillas, cómpre apuntar que conseguiu 19 títulos galegos absolutos en cross; que foi campioa de España de gran fondo no 1986; que ademais foi medallista e campioa europea máster en distintas probas de fondo; que ostenta récords mundiais máster en 800 e 3.000 metros na categoría W60 ou que foi elixida mellor fondista máster europea do 2021 pola European Masters Athletics. Un exemplo que inspira.

Deja un comentario