A veciñanza da rúa continúa reclamando o arranxo da vía que presenta un avanzado estado de deterioro e que, segundo denuncian, leva anos sen solución definitiva.
Alternativa levou o asunto ao pleno municipal para solicitar explicacións sobre os avances do proxecto de rehabilitación do pavimento, aprobado en febreiro do pasado ano a través do Plan Único de Concellos (POS) da Deputación.
O grupo advirte de que o estado da vía dificulta o tránsito diario e supón un problema de seguridade para as persoas residentes, unha situación que se agravou tras este inverno.
Alternativa destaca a insistencia da veciñanza, que continúa acudindo ás sesións plenarias para reclamar que a actuación non quede parada, e defende a necesidade dun mantemento equilibrado das infraestruturas tanto no núcleo urbarbano como o rural.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.