Hoxe celebrouse en Madrid a Conferencia Sectorial de Igualdade na que se decidiu que Galicia recibirá 263.204 euros para programas e servizos de asistencia social
A Xunta de Galicia percibirá do Estado 263.0204 euros para o desenvolvemento de programas e servizos de asistencia social integral a vítimas da violencia de xénero, un 16,5 por cento máis que o ano pasado.
Hoxe celebrouse en Madrid a Conferencia Sectorial de Igualdade na que, entre outros asuntos, se estableceuse o reparto do crédito por parte do Estado ás Comunidades Autónomas. Na reunión, por parte do Goberno galego, participou a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella.
Dos 263.204 euros que recibe a nosa Comunidade, 176.537 euros serán para a asistencia social integral para mulleres vítimas da violencia de xénero e 86.667 euros para a atención a menores expostos a este tipo de maltrato.
Neste exercicio, o crédito total do Estado para este fin será de 5 millóns de euros. Ademais, se dispón doutro millón de euros adicional, destinado á implementación dunha proposta común de mellora da coordinación e a posta en marcha dun plan personalizado de atención ás vítimas da violencia de xénero.