Monday 18 de May de 2026

A Asociación Ambar e Concomitentes presentan en Boiro o proxecto ‘Interdependencias’ cunha xornada de diálogo e un maratón de baile veciñal


A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, en colaboración con Concomitentes, organiza o vindeiro sábado 23 de maio un encontro aberto na rúa Doutor Santos Mieites de Boiro (na Terraza do Furancho) a partir das 11:30 horas. O evento enmárcase no proceso de mediación do proxecto ‘Interdependencias’, unha iniciativa que busca estreitar lazos sociais, artísticos e de coidado na comarca.

O obxectivo principal da xornada é xerar un espazo de diálogo e visibilidade que permita sumar novas persoas comitentes ó proxecto, ó tempo que se celebra o potencial do movemento para construír comunidade.

Diálogo, arte e movemento na Barbanza

A xornada arrancará ás 11:30h cunha mesa de conversa dirixida ás familias e á veciñanza da Comarca do Barbanza. Neste espazo debaterase sobre o impacto de ‘Interdependencias’ a través das voces dos seus protagonistas: Fran Quiroga (director de Concomitentes), Natalia Balseiro (mediadora), Manu Mimé (responsable de Arte de Ambar), Milagros Rey Pérez (presidenta de Ambar) e os comitentes e usuarios da entidade, Moisés Calvo e Sonia Alonso.

Ás 12:00h, a quenda será para a acción e a música con ‘Ghastas Pista RPM’. Trátase dun maratón de baile aberto a toda a cidadanía, que contará ca música de Rey DJ e a condución dos creadores Caterina Varela e Félix Fernández, integrantes do recoñecido Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional Colectivo RPM. O obxectivo desta actividade é converter o baile nunha ferramenta de expresión colectiva e de celebración dos afectos.

O evento concluirá contra as 14:00h ca entrega de premios, o peche oficial da xornada e un vermú libre para todos os asistentes.

Dende a organización convidan a toda a veciñanza do Barbanza e ós colectivos sociais e culturais da zona a achegarse e participar activamente nunha mañá deseñada para conectar, compartir e gozar.

Programa resumido do evento:
• 11h30: Conversa aberta sobre o proxecto Interdependencias con dirección, mediadores e comitentes.
• 12h00: Ghastas Pista RPM. Maratón de baile veciñal con Rey DJ e o Colectivo RPM.
• 14h00: Entrega de premios, clausura e vermú libre.

Deja un comentario