Monday 18 de May de 2026

O martes 19 de maio ás 11h o BNG de Teo convoca concentración no Consultorio de Pontevea.


O BNG de Teo na defensa dunha mellor sanidade pública para Teo, denuncia os problemas estruturais existentes nos centros de saúde e culpabiliza a alcaldía pola falta de execución do mantemento preciso nos centros.

Claro exemplo é o Consultorio de Pontevea, que leva cerca de 3 anos nun estado ruinoso e a pesar de comezar as obras de reparación no mes de maio ,estas paralizáronse aos poucos días de comezar.

Cabe salientar que para dar asistencia a veciñanza que acudía o consultorio de Pontevea, habilitouse uns contedores no centro de saúde de Cacheiras, que non contan cas medidas de seguridade axeitadas para o seu acceso, dificultando o paso a persoas con mobilidade reducida e incluso ocasionando caídas nas persoas traballadoras.

O BNG de Teo tamén denuncia como a falta de cobertura de profesionais fai que se agrave cada vez máis a lista de agarda no centro de saúde de Os Tilos, que xa supera os 15 días para a consulta de medicina de familia.

E reitera a necesidade urxente de construción do novo centro de saúde e solicita que este teña o persoal suficiente e englobe a todas as categorías profesionais necesarias para que a poboación de Teo non se teña que desprazar a outros centros para recibir asistencia como psicoloxía, dietista/nutricionista, fisioterapia, farmacia…

Deja un comentario