Saturday 16 de May de 2026

Outes entrega os premios do XXX Certame Francisco Añón de Poesía o domingo


O Concello de Outes dará a coñecer este domingo os gañadores da última edición do certame de poesía Francisco Añón que ten como obxeto a promoción dos valores creativos e literarios da lingua galega é vez que homenaxean ao poeta que lles dá nome.

Entregaranse os premios en diferentes categorías dependendo da idade da rapazada participantes, habendo un apartado para os maiores de 18 anos, cuxo premio será de 1.700 euros máis a publicación da obra galardoada. Parte do galardón terá que se gastado en libros escritos en lingua galega.

A entrega de premios terá lugar este domingo, coincidindo co propio día das Letras Galegas ás 17h da tarde na casa da cultura. Durante o acto actuará A Rapazada, unha agrupación composta polo alumnado máis novo da Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de Outes. A entrada será de balde.

EXPOSICIÓN ISAAC DÍAZ PARDO: LUZ E COMPROMISO

Dentro da programación que o Concello de Outes ten en marcha para celebrar o día das Letras Galegas, a veciñanza poderá visitar a exposición “Isaac Díaz Pardo: Luz e compromiso”, comisariada por Maka Arca e Ana M. Mosquera. A mostra estará aberta ata o 30 de xuño e as visitas serán guiadas previa inscrición na casa da cultura. Para máis información está operativo o teléfono 981 85 09 50.

Deja un comentario