Saturday 16 de May de 2026

O Concello de Ribeira homenaxea ás peixeiras polo Día da Muller no Mar 2026


 O acto será no 18 de maio, ás 12.00 horas, no Museo municipal

As peixeiras serán homenaxeadas polo Concello de Ribeira polo Día da Muller do Mar. En total, renderase tributo a 11 mulleres (10 que venden o peixe na praza de abastos e 1 que o fai de maneira ambulante).

O acto desenvolverase no luns, 18 de maio, ás 12.00 horas, no Museo municipal.

En anteriores anos, Ribeira dedicou este días ás redeiras e mariscadores, optando por centralo neste 2026 nas peixeiras “por ser as que nos achegan un produto fresco, de calidade e proximidade para levar ás nosas mesas coa importancia que ten o peixe na alimentación. Son elas quen nos venden os recursos pesqueiros que chegan ás nosas rulas para ofrecerlle á cidadanía o mellor”, en palabras do concelleiro do Mar e Promoción do Litoral, Fernando Abraldes.

A este respecto tamén se pronuncia a alcaldesa, María Sampedro, quen destaca “o papel histórico das mulleres no sector do mar. No pasado, os homes saían a faenar e eran elas as que saían a vender a pesca do día. Actualmente, hai cada vez máis mulleres enroladas, se ben é certo que onde segue habendo maior presenza feminina é en terra: mariscando, reparando as redes, vendendo… Son elas quen nos achegan os manxares que capturan os nosos mariñeiros. Sempre recomendándonos o mellor. Elas son, en gran medida, o corazón que fai latexar ao noso mercado municipal.”

Deja un comentario