Saturday 16 de May de 2026

Os deportistas locais Sara Caamaño e Andrés Pérez darán o pistoletazo de saída á XVII Carreira Pedestre do Concello de Outes


Sara Caamaño e Andrés Pérez, veciños de Outes, dous dos deportistas máis laureados deste municipio con numerosos recoñecementos deportivos ás súas costas, participarán este domingo na XVII Carreira Pedestre. Xuntos darán o pistoletazo de saída ás diferentes probas e acompañarán aos gañadores nos distintos pódiums.
A proba comezará ás 10h da mañá con saída e chegada á praza de Galicia. A primeira quenda será de 10 quilómetros, na que participarán os corredores dende a categoría promesa ata os veteranos. Tamén haberá un circuito de 3 quilómetros, outro de 1 para as categorías inferiores. A cativada gozará dun percorrido adaptado que irá dende os 50 aos 450 metros.
Todos os corredores categorías chupete, pitufo, benxamín e prebenxamín recibirán a súa medalla. Para o resto, haberá trofeos para os tres mellores clasificados, así como para os locais máis destacados. Ademais, o equipo que aporte máis participantes á carreira tamén será recoñecida cun galardón.
Dende o Concello de Outes apuntan que os dorsais e os chips poderán recollerse no polideportivo de A Serra, dentro do campo de fútbol, ata 30 minutos antes do inicio de cada carreira.
MINIOLIMPIADAS OUTES 2026
Os máis pequenos participarán nunha mini olimpiada, poderán probar as súas forzas e habilidades en diferentes lanzamentos, saltos e carreiras.

Deja un comentario