Thursday 14 de May de 2026

O Concello de Ribeira realizará un acto de lembranza a Manuel Ayaso no 18 de maio


 Farase unha ofrenda floral e un acto institucional no terceiro aniversario do seu falecemento

O Concello de Ribeira homenaxeará no 18 de maio a un dos seus artistas máis recoñecidos: Manuel Ayaso, fillo predilecto da localidade. Trátase dun recoñecemento que se enmarca na programación do Maio Cultural con motivo do terceiro aniversario do seu falecemento.

En consecuencia, o acto comezará cunha ofrenda floral a carón da escultura na súa honra que preside a praza do Concello, ás 19.00 horas, para despois dar paso ao descubrimento de dous cadros que permanecerán no novo Auditorio municipal: nun lado, un de Ayaso, de 1974, e, noutro, un retrato do propio Ayaso elaborado por Fernando Yañez, quen fai a doazón da obra á Administración local. Os Liantes de Artes acompañarán musicalmente esta xornada.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, anima a toda a veciñanza a sumarse a este acto “que enxalza a un dos nosos máximos expoñentes da arte que puxo o nome de Ribeira no mapa cultural internacional. Será un día de arte, de cultura, para lembrar e homenaxear a figura e legado de Manuel Ayaso.”

Deja un comentario