Monday 11 de May de 2026

A rúa San Andrés estrea un banco de cor morada para conmemorar o Día Mundial da Fibromialxia e contribuír á visibilización desta síndrome crónica


Esta iniciativa, froito da colaboración entre o Concello e a asociación Fibro Visibles, abre camiño á lectura do manifesto que terá lugar mañá ás 11.30 horas na praza de María Pita

O Concello da Coruña, en colaboración coa asociación Fibro Visibles, reforza as accións conmemorativas polo Día Mundial da Fibromialxia, que terá lugar este martes 12 de maio e incluirá a lectura dun manifesto na praza de María Pita, ás 11.30 horas, co obxectivo de contribuír á visibilización desta síndrome de dor crónica e xeralizada coa que conviven milleiros de persoas en todo o mundo.

Hoxe, como paso previo á convocatoria de mañá, a rúa San Andrés acolleu un acto cheo de simbolismo: a inauguración dun banco de cor morada —que representa o espírito de concienciación e compromiso fronte á fibromialxia— fronte á igrexa castrense, moi preto da sede de Fibro Visibles. A entidade conta coas súas dependencias nun espazo cedido polo Concello na sede do Circo de Artesáns.

No acto desta mañá, a alcaldesa Inés Rey estivo acompañada pola concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa; pola presidenta de Fibro Visibles, Ana María Rodríguez Castro; e pola xunta directiva da asociación.

Deja un comentario