Alternativa volve a insistir na necesidade de reforzar o departamento de Servizos Sociais que se atopa nunha situación de precariedade.
Servizos Sociais se atopan nunha situación de falta de persoal que dificulta tanto unha atención á veciñanza de calidade como a efectiva supervisión e xestión dos servizos que se prestan.
Ao incremento de traballo do pasado mes, súmase as deficiencias denunciadas polas familias usuarias do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
Alternativa xa propuxo en Abril medidas urxentes para aliviar a situación do departamento, como o reaxuste temporal de efectivos doutras áreas municipais para apoio administrativo ou, de ser preciso, recorrer a fórmulas de contratación menor, de xeito temporal, que permitan facer fronte á esta grave situación.
“A situación non se debe á falta de implicación do persoal municipal, senón á delicada realidade estructural que atravesa o departamento e do propio Concello. Mentres, as persoas usuarias están a sufrir as consecuencias, polo que urxe actuar.”sinalan dende Alternativa.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.