Monday 11 de May de 2026

Novas actividades xuvenís de deporte e natureza en Picos de Europa e Ubiñas


Entre as novidades das actividades xuvenís programadas polo Concello para este verán contémplanse dúas interesantes estadías que mesturan actividade deportiva e medio natural: Deporte e Natureza en Picos de Europa e Iniciación ao Montañismo en Ubiñas (León).

O curso de iniciación ao montañismo está previsto para mozas e mozos con 18 anos cumpridos e ata 23, (nados de 2003 a 2008) e terá lugar do 20 ao 23 de xullo, facendo tres noites en refuxio de montaña. É un curso realizado coa Federación Galega de Montañismo, con rutas diarias de entre 8 e 12 km. Non é necesario ter experiencia previa en deportes de montaña.

En canto a Deporte e Natureza en Picos de Europa, o Concello oferta 25 prazas entre o 27 e o 31 de xullo, con epicentro na Casa de Montaña Avín, en Cangas de Onís. A convocatoria é para mozas e mozos de 16 ou 17 anos (nados en 2009e 2008, que sexan menores de idade no momento da viaxe). Inclúe parque de aventura, paddle surf, roteiro BTT, barranquismo, espeleoloxía, sendeirismo e descenso do Sella, ademais de visitar unha queixería tradicional da zona.

Deja un comentario