Monday 11 de May de 2026

O deterioro da Avenida da Corveira e Rúa Pablo Neruda chegan a pleno


Alternativa levou ao pleno o deficiente estado da Avenida da Corveira e Rúa Pablo Neruda.

O grupo municipal reclamou ao goberno municipal actuacións para a súa reparación.

As queixas veciñais sobre ambas vías son reiteradas e lamenta que, pese ás demandas realizadas con anterioridade, non se atopasen solucións efectivas.

Alternativa defende un mantemento equilibrado das infraestruturas en todas as zonas do municipio. E volverá a fiscalizar tanto os avances dados na redacción do prego para o servizo de conservación, como na xestión dos mantementos que está a facer a empresa contratada para tal fin.

Deja un comentario