Saturday 16 de November de 2024

Protección Civil leva a cabo unha charla en Andeiro para informar sobre os perigos do lume


Protección Civil levou a cabo unha charla na parroquia de Andeiro que tiña por obxectivo explicar as medidas a tomar no caso de indencio. A charla dirixiuse á asociación de veciños da parroquia, que escoitaron os consellos dos profesionais do Servizo de Emergencias municipais e logo traballaron de forma práctica na extinción dunha lumerada. Aseguran que son tan importantes as decisións que teñen que adoptar fronte a unha numerada como as que nunca se teñen que poñer en práctica. Explicáronlles, ademais, a forma correcta de sufocar un fogo no caso de que teña lugar no fogar e que cousas nunca deben de facer, coma abrir as xanelas, o que provocaría darlle máis osíxeno a lume e polo tanto incrementar a súa combistión, ou botarlle auga a unha tixola con aceite ardendo.