Monday 11 de May de 2026

Carral pecha 2024 sen débeda e fora dos concellos con risco económico


O último informe elaborado polo Consello de Contas sobre a saúde económica dos concellos, elaborado a partir das contas de 2024, confirma que Carral non figura entre os municipios con risco económico.

Dende Alternativa destacan que o Concello pasou dunha situación de forte endebedamento ao saneamento financiero de máis de 3 millóns de déficit xerado polo anterior goberno do PP.

O grupo atribúe esta evolución á xestión económica desenvolta por Alternativa nos últimos seis anos, estivo basexada no control do gasto e na planificación dos recursos públicos, que permitiu eliminar a débeda progresivamente dende o 2019 para eliminala definitivamente no 2023.

“Carral recolle hoxe os froitos dunha evolución económica positiva e dun traballo que permitiu un saneamento financiero das arcas municipais.” sinalan dende Alternativa.

Deja un comentario