Os locais interesados xa poden adherirse e a cidadanía poderá adquirilos a partir do 14 de maio
O Concello de Ribeira saca novamente os bonos AmaRibeira destinando 100.000 euros dentro do Plan de fortalecemento do pequeno comercio local.
“Cremos que é unha boa medida para dinamizar a economía local e fortalecer o noso pequeno comercio. O Concello de Ribeira fai un importante esforzo económico e loxístico para que a nosa cidadanía dispoña dunha medida que lle permita comprar nos establecementos de proximidade gozando dun desconto máximo de 30 euros, mentres que o noso tecido empresarial ve como se revitalizan as ventas previa á época estival. É unha contía de 100.000 euros para fortalecer o pequeno comercio. Son cartos invertidos en e para Ribeira. Temos un comercio de proximidade do que sentirnos orgullosos e esta tamén é unha forma potencialo”, en palabras da rexedora xunto coa concelleira de Promoción Económica, Carmen Pérez, e co presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez.
Na xornada de hoxe abre o prazo para que os establecementos interesados se adhiran a esta campaña de bonos QR a través da páxina web www.amaribeira.gal, rexistrando a información requirida.
O prazo de adhesión ao programa permanecerá aberto ata o 7 de xuño; data de finalización da execución do programa dos bonos. Os locais que se sumen á iniciativa figurarán na referida web.
Funcionamento dos bonos
Cada persoas beneficiaria disporá dun único bono cun saldo máximo de 30 euros, que poderá ser usado nos comercios adheridos mediante unha, dúas ou tres compras. O período de validez abrangue dende o 14 de maio ata o 7 de xuño.
O desconto será de 10 euros por cada 30 euros de compra, ata un máximo de 30 euros de desconto.
A descarga dos bonos será mediante a páxina web www.amaribeira.gal no 14 de maio, ás 09.00 horas. Dito bono terá formato dixital a través dun código QR e estará dispoñible para a súa utilización a través de aplicacións de descarga gratuíta tipo Wallet ou similares. Opcionalmente, poderase solicitar presencialmente na oficina de Turismo para obter en papel o código QR.
A maiores, dende a patronal ribeirense repartiranse 3.500 tíckets de aparcamento.
Bases completas en www.ribeira.gal.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.