O Concello de Oleiros organiza un ano máis a Festa da Lingua, unha xornada chea de actividade para público familiar. O acto terá lugar en Santa Cruz, no parque das Torres e no teatro.
Ás 11:00 h da mañá comezará a festa con Momento musical para bebés, de Lydia Botana; para crianzas entre 0 e 3 anos. Ás 12:30 horas terá lugar o espectáculo Carapuchiña, de Pedras de cartón; para crianzas maiores de 4 anos.
Pola tarde, desde as 16:00 horas comezan os xogos populares nos que poderán participar todos os nenos e nenas que o desexen, sen ser preciso inscribirse previamente. Un gran número de xogos populares encherá o parque para pasar unha tarde distendida e divertida.
Caxoto fará as ledicias dos pequenos de 0 a 3 anos a partir das 17:00 horas con Levántate Xan; unha función chea de animais, pequenas historias e cantigas para recrear o día a día na granxa de Xan. Ás 18:00 horas terá lugar un espectácuo de maxia a cargo do mago Joshua Kenneth para público familiar.
E xa para finalizar a xornada celebrarase un concerto para nenos maiores de 3 anos ás 19:00 horas: A banda dos insectos; un concerto de rock en galego para público familiar enfocado na diversión e na transmisión de valores como o compañeirismo, o respecto, a igualdade e a solidariedade.
Para estas actividades é preciso inscribirse desde o luns 11 de maio no enlace habilitado ao efecto: https://www.oleiros.org/actividades-infant%C3%ADs/-/asset_publisher/aiWOuwpiK6gz/content/id/2605939



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.