Co motivo da celebración do día da Mundial da Fibromialxia y sfc (síndrome de fatiga crónica) o vindeiro día 12 de maio, e a petición da asociación Fibro Visibles, asociación sen animo de lucro de carácter autonómico, o Concello de Fene vai colaborar na visibilidade de esta enfermidade iluminando o Concello en cor morado, por ser esta a cor identificativa de esta doenza.
O obxectivo da Asociación Fibro Visibles, é dar visibilidade a esta enfermidade xa que está cargada de estigmas e descoñecemento no entorno social, familiar, laboral, etc. Esta enfermidade, aínda que non se percibe a simple vista condiciona profundamente a vida das persoas que a padecen, de aí a importancia da visibilidade da mesma.
• DATA: 11 e 12 de maio
• COR ILUMINACIÓN: morado
• LUGAR: Concello de Fene




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.