Sorprende que García Seoane aceptase a cesión da Avenida de Santa Cristina tras as obras executadas nela pola Deputación. Estas obras consistiron nun embelecemento integral, con cambio de beirarrúas, arboredo e mobiliario, cun custo elevado. Loxicamente, agora o alcalde, con esta cesión, faise cargo do futuro mantemento. “Quedan pendentes as rúas que conflúen coa avenida, que lles tocará nalgún momento, pero esa é outra historia.” Manifestou Dolores Silva, Portavoz do Grupo Municipal Popular.
Pero todo isto contrasta coa actitude mantida respecto ao tramo de estrada, duns 500 metros, que os veciños do Couto, en Dorneda, reclaman sinalizar cun paso de peóns e limitacións de velocidade. Os técnicos da Xunta de Galicia titular da estrada indican que só se pode levar a cabo devandita sinalización, segundo a normativa, se se converte en vía urbana por cesión ao concello. Iso permitiría esas limitacións: paso de peóns, banda rugosa, sinalización a 50 km/h.
Esta era a proposta da Xunta, que ofrecía investir polo menos 300.000 euros na obra entregando a estrada coa citada sinalización.
“Pero García Seoane que non atende a razóns, negouse. Así, sorprende que o que vale para Santa Cristina non valla para outros” Segundo Loli Silva, Portavoz Municipal.
A razón podería estar -a xuízo dos populares- na orixe do cedente que sinalan que nun caso é a Deputación, gobernada polo PSOE e BNG sendo o alcalde deputado provincial independente pero que apoia o goberno provincial e, no outro, a cesión viría de parte da Xunta, en mans do PP.
“Esperemos que, dalgún xeito”; manifestou Loli Silva, “recapacite e acabe aceptando esa cesión, permitindo aos veciños do Couto colmar as súas aspiracións de seguridade viaria.”



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.