Despois de dous días de celebración, a XXII Festa do Pan de Carral chega ao seu fin. Esta segunda e última xornada da cita estivo marcada, de novo, polas longas colas fronte ao posto de venda do bocadillo cardiosaudable e nos talleres infantís de elaboración de birlos.
Ao longo da tarde, destacou o espectáculo ‘Rufina e Benito’, no que se repartiron anacos de pan de Carral entre o público asistente para que puidese desfrutar desta delicia carralesa.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.