Sunday 10 de May de 2026

Mar reúnese coa Confraría de Barallobre para coñecer as súas iniciativas de promoción dos produtos da zona


O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse con representantes do pósito

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse coa confraría de Barallobre para coñecer as súas iniciativas en materia de promoción e valorización dos produtos do mar procedentes desta zona.

Durante o encontro, abordaron as opcións de reforzar a visibilidade e competitividade das capturas locais, facendo especial fincapé na calidade, sustentabilidade e trazabilidade dos produtos. Neste senso abordaron posibles campañas de difusión, accións formativas e estratexias de comercialización que permitan achegar o produto ao consumidor final e abrir novos mercados.

O director xeral puxo en valor o labor realizado polo pósito e destacou a importancia do sector pesqueiro artesanal como motor económico e social das zonas costeiras.

A reunión enmárcase na estratexia do departamento que dirixe Marta Villaverde de fomentar a colaboración co sector para impulsar o consumo de produtos das rías galegas e garantir o desenvolvemento sostible da actividade pesqueira.

Deja un comentario