O Bruón Folk Fest fai vibrar a parroquia ribeirense de Artes co folclore galego durante as xornadas do 8 e 9 de maio. A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, participou hoxe na apertura deste festival que se enmarca dentro da programación do Maio Cultural 2026 do Concello de Ribeira.
Trátase dun evento que toma o nome dunha lenda segundo a cal, ao pobo asolagado baixo a lagoa de Carregal, sobreviviu un boi que é, en realidade, un mouro encantado, ao que aínda se pode escoitar bruar pola contorna. “Non sei se estes días teremos a oportunidade de escoitalo, o que si sei é que poderemos desfrutar da nosa música e baile tradicional con numerosos concertos”, manifestou a rexedora.
Nesta terceira edición tamén haberá oco para mesa redonda, parladoiro, obradoiro, demostracións de artesanía e moito máis.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.