Sunday 10 de May de 2026

Alternativa asina o comunicado da Global Sumud Galiza en denuncia dos ataques á Flotilla e secuestro dos activistas


A flotilla zarpou debido á inacción da comunidade internacional. O Estado de Israel segue a levar a cabo un xenocidio nos Territorios Ocupados, destruíndo infraestruturas civís que a flotilla pretendía axudar a reparar. O seu secuestro non é, polo tanto, un feito illado da campaña de destrución de Israel, senón unha prolongación da mesma. Este ataque contra persoas civís desarmadas en augas internacionais é a continuación lóxica dunha cultura máis ampla de impunidade que debe terminar.

Estas accións constitúen violacións explícitas de:

A Convención para a Prevención e Sanción do Delito de Xenocidio.
O Cuarto Convenio de Xenebra (protección de persoas civís e axuda humanitaria).
A Convención da ONU sobre o Dereito do Mar (UNCLOS) (liberdade de navegación).
O Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos (ICCPR) (prohibición da detención arbitraria).
A Convención contra a Tortura.

Por todo isto, Alternativa dos Veciños, xunto con todas as entidades asinantes, solicita trasladar estas esixencias aos gobernos galego, goberno do Estado español e na Unión Europea:

– Liberación inmediata e incondicional de Saif Abukeshek, Tiago Ávila, Marwan Barghouti, Dr. Hussam
Abu Safiya e de todas as persoas palestinas secuestradas.
– Protección diplomática urxente para as persoas detidas.
– Investigación pública e independente do asalto en augas internacionais.
– Sancións económicas significativas contra Israel.
– Responsabilización por xenocidio en Gaza e limpeza étnica en Cisxordania.

Deja un comentario