Sunday 10 de May de 2026

Abegondo iniciou nos seus Roteiros Saudables coa primeira etapa do Camino entre A Coruña e O Burgo


• A iniciativa do Concello busca promover un estilo de vida activo entre os maiores

Unha trintena de maiores de Abegondo estrearon hoxe a nova edición dos Roteiros Saudables do Concello. Trátase dunha iniciativa posta en marcha polo goberno local para promocionar un estilo de vida activa entre as persoas máis veteranas.

O Camiño Inglés alberga a maioría das citas deste ano. Hoxe comezaron cunha primeira etapa entre A Coruña e O Burgo, onde puideron coñecer a igrexa de Santiago, un dos elementos patrimoniais máis salientables.

A segunda saída celebrarase o venres 15, desde Culleredo ata Sarandós. Desde este mesmo punto partirá a terceira etapa, o venres 22 de maio, na que as persoas participantes percorrerán 10 quilómetros ata Bruma. O programa concluirá o venres, 29 de maio, co roteiro Mariñán, que discorrerá entre Sada e Bergondo.

Todos os roteiros presentan unha dificultade baixa/media e unha duración aproximada de entre dúas e dúas horas e media.

As persoas interesadas en obter máis información ou formalizar a súa inscrición poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello.

Deja un comentario