Friday 08 de May de 2026

Alternativa presenta propostas para os orzamentos e pide que o proceso “non sexa só propaganda”


Alternativa presentou diferentes propostas para a elaboración dos orzamentos municipais deste ano, tras un proceso de escoita coa veciñanza e traballar contrastando co persoal técnico municipal para comprobar a súa viabilidade.

 

Entre as iniciativas trasladadas ao goberno figuran a rehabilitación do firme da rúa Marqueses, en Almeiras; a rehabilitación da contorna Capela de San Cosme; actuacións de humanización e mellora da seguridade vial na N-550, no tramo de Alvedro, e ampliación da rede de saneamento municipal nos núcleos onde resulta máis necesaria.

O grupo sinala que estas propostas responden ás demandas recollidas da veciñanza ao longo do mandato, xa presentadas como iniciativas que foron aprobadas polo pleno, polo tanto polos diferentes membros da corporación.

A formación destaca especialmente a necesidade de seguir ampliando o saneamento para que chegue a todos os fogares do municipio, garantindo os servizos básicos en todo o territorio, e insistindo en que as medidas presentadas son “realistas, realizables, aprobadas pola corporación e necesarias para a veciñanza.”

Alternativa considera positivo estos avances para a elaboración do orzamento, tamén reclamea que este proceso se traduza nun documento real e efectivo, evitando que quede unicamente nun anuncio sen continuidade. “Confiamos en que este traballo avance e que as propostas útiles poidan incoporarse ao orzamento definitivo.” sinalan.

Deja un comentario