Alternativa volveu a insistir na necesidade de reforzar con urxencia o departamento de Servizos Sociais que se atopa nunha situación de precariedade que está a dificultar tanto unha atención á veciñanza de calidade, como a supervisión adecuada dos servizos que se prestan.
O grupo apoiou, durante o último pleno, a intervención dunha usuaria do servizo de axuda no fogar (SAF), que expuxo as deficiencias que están a sufrir as familias dependentes do servizo.
Dende Alternativa sinalan que os problemas do SAF non son novos e arrástranse desde hai anos, sen que o actual contrato conseguise resolver as incidencias detectadas. Neste contexto, consideran que unha supervisión máis exhaustiva contribuiría a mellorar a calidade do servizo.
Porén, o grupo subliña que a situación non responde á falta de implicación do persoal técnico municipal, senón á delicada realidade estructural que atravesa o departamento (e o concello en xeral), que actualmente acumula cinco baixas e unha elevada sobrecarga de traballo.
Alternativa xa propuxo medidas urxentes para aliviar esta situación, como o reaxuste temporal de efectivos doutras áreas municipais para apoio administrativo ou, de ser preciso, recorrer a fórmulas de contratación menor que permitan facer fronte á esta grave situación.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.