Thursday 07 de May de 2026

O Concello de Ribeira inicia unha campaña de control da velocidade dende A Capela ata A Graña


 A finalidade é que os vehículos cumpran coa velocidade máxima nese tramo da parroquia de Carreira

O Concello de Ribeira iniciará en próximas datas unha campaña de control da velocidade mediante a colocación dun radar móbil no tramo comprendido entre A Capela e A Graña, na parroquia de Carreira, despois de que numerosa veciñanza trasladase que son moitos os vehículos que exceden a velocidade máxima permitida.

Trátase dunha medida temporal que busca exclusivamente calmar a velocidade de circulación. Ademais, reforzarase con presencia policial na zona.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, explica que “tomamos esta decisión por motivos de seguridade, tanto para viandantes como para o resto de turismos, xa que nese tramo rexístrase bastante tráfico pola existencia de fábricas próximas. Non é con afán recadatorio, senón para que os condutores cumpran coa velocidade máxima permitida. Para iso, o Concello de Ribeira dedicará recursos materiais e humanos.”

Deja un comentario