Thursday 07 de May de 2026

O Concello de Ribeira e a Fundación Galega Contra o Narcotráfico establecen sinerxías para implantar accións conxuntas no municipio


 A alcaldesa seguirá insistindo na necesidade de incremento dos efectivos da Policía Nacional

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, reuniuse nesta semana co presidente e xerente da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, Manuel Couceiro e Fernando Alonso, respectivamente, para abrir vías de colaboración cara instaurar accións conxuntas, algunhas delas enfocadas na preocupación que suscitan os narcopisos ou a okupación; “implantar accións que eviten o afloramento de narcopisos no municipio; “uns domicilios que non só atentan contra a saúde pública, senón que tamén contra a seguridade ao converterse en puntos de conflito que afectan directamente á veciñanza dos mesmos e ao conxunto da sociedade ribeirense”, en palabras da rexedora.

Durante o encontro de traballo avaliaron conxuntamente a situación no municipio e “para que esta realidade mude, unha das medidas nas que se vai insistir é na de ampliar o cadro de persoal da Policía Nacional atendendo á actual situación, tanto por incidencias como por número de poboación, como xa trasladamos por carta formal a Pedro Blanco”, segundo a mandataria local, polo que xa ten solicitada unha reunión ao delegado do Goberno en Galicia.

Ademais, en vindeiras datas manterase unha xuntanza cos sindicatos policiais sobre a necesidade de incrementar o número de efectivos.
“Dende o Concello de Ribeira asumimos o compromiso de fortalecer a Policía local, polo que agardo o mesmo compromiso por parte do
Goberno central no que atinxe á Policía Nacional sen descartar, incluso, a creación dalgunha unidade específica en Ribeira nesta materia como, por exemplo, a implantación dunha brigada de menudeo, incrementando así o persoal dedicado á loita contra oconsumo e venda de estupefacientes”, sentenciou Sampedro.

Deja un comentario