Thursday 07 de May de 2026

Alternativa demanda atención para o edificio de Radio Culleredo


A veciñanza trasladou ao goberno local o abandono do edificio de Radio Culleredo, asimesmo tamén se achegaron queixas respecto á limpeza da zona.

Demandouse a necesidade de rehabilitación do edificio de Radio Culleredo, un claro exemplo da desidia na xestión das diferentes infraestructuras municipais.

“Estase a manter un edificio deteriorado e practicamente sen uso, cando podería ser unha infraestructura máis que atende e da servizo a veciñanza.” Sinalan dende o grupo.

Alternativa tamén achegou a falta de limpeza na contorna do edificio e na zona, así como a clara necesidade de traballos de roza.

Alternativa continúa elevando ao pleno os asuntos que preocupan á veciñanza, levando aos órganos municipais as demandas veciñais.

Deja un comentario