Thursday 07 de May de 2026

O documental “Lavadoiro”, o martes 12 nas Torres de Santa Cruz


“Lavadoiro” é unha reflexión sobre estes espazos de traballo doméstico e socialización das mulleres ao longo da súa vida. A curtametraxe proxectarase o martes 12 de maio ás 19:00 horas no teatro As Torres de Santa Cruz, onde posteriormente realizarase un coloquio aberto a todas persoas participantes. Durante este faladoiro poderanse relatar e compartir as experiencias propias nestes espazos tan arragaidos á cultura popular galega.

“Lavadoiro” é un proxecto multidisciplinar da arquitecta e fotógrafa galega Ana Amado, reflexiona sobre estes espazos e a súa relación co traballo doméstico das mulleres ao longo da súa vida. Creado na Galicia rural, o proxecto é unha intervención efémera e performativa filmada polo recoñecido director galego Lois Patiño.

Combinando arquitectura construída e efémera, fotografía e cine; “Lavadoiro” é unha meditación sobre o significado destes lugares históricos. A obra utiliza a performance como simulacro, extraendo a súa narrativa tanto de elementos da propia arquitectura do lavadoiro como dos recordos das mulleres que os utilizaron.

A entrada é de balde. Desde o Concello de Oleiros anímase a todas as persoas que o desexen a participar deste acto e compartir as súas experiencias e memorias nos lavadoiros municipais espallados pola xeografía oleirense.

Deja un comentario