Wednesday 06 de May de 2026

A alcaldesa de Ribeira reuniuse co conselleiro de Educación María Sampedro e Román Rodríguez abordan a mellora das infraestruturas dos centros educativos do municipio


 O proxecto de rehabilitación integral do colexio O Grupo comezará a redactarse en vindeiras datas

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, reuniuse nesta semana co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para abordar a mellora das infraestruturas dos centros educativos do termo municipal. Neste senso, o representante da Xunta de Galicia informou de que comezarán en breves coa redacción do proxecto de rehabilitación integral do CEIP O Grupo co obxectivo de que “este colexio goce dunhas instalacións en óptimas condicións, pois, ademais, é o que reúne maior número de alumnado do noso termo municipal”, en palabras da rexedora. Unha vez se conte co proxecto final, continuarase con todo o procedemento para levar do papel á realidade as obras a acometer.

Ademais, este mes está previsto licitar o ascensor para o colexio de Olveira por un importe de 77.000 euros; unha medida para combater as barreiras arquitectónicas e garantir a accesibilidade no interior do edificio.

Posteriormente, sumouse ao encontro de traballo o director do CIFP Coroso, Antonio Teira, para avaliar asuntos relacionados coa celebración do 50 aniversario deste centro educativo.

Deja un comentario