Wednesday 06 de May de 2026

En marcha as obras do noiro de Naval


Cunha espectacular operación cunha grúa de grandes dimensións comezaron esta mañá as obras de reparación do noiro de Naval. Ademais de reconstruír e fortalecer as bases do muro destruído polos temporais, vanse colocar uns grandes bloques de formigón para asegurar o terreo.

Como consecuencia dos fortes e persistentes temporais deste inverno, partiuse o muro que construíu o Concello no 1987, producíndose un importante desprendemento de terra, duns 500 metros, polo que urxía realizar esta obra. O investimento é de 142.326,41 euros, que o Concello reclamará a Costas por non tratarse dunha competencia municipal.

Deja un comentario