O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane; e a concelleira delegada de Servizos Sociais e Igualdade, Belén Taboada participaron está mañá no Encontro estatal de traballadores pensionistas que se celebra no Centro Cultural As Torres, durante os días 6 e 7 de maio.
Os actos principais, coloquios e debates terán lugar no auditorio das Torres, desde as 11:00 horas no caso do mércores e desde as 10:00 horas o xoves.
Obxectivo deste evento e achegar posturas e acadar alianzas para reivindicar e demandar o cumprimento dos dereitos das persoas pensionistas.
Está prevista a participación de distintos colectivos, así como de persoas a título particular. En calquera caso, o acceso será libre para calquera persoa interesada.
É posible obter máis información sobre estas xornadas chamando ao teléfono 619199904.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.