Coa aprobación da modificación das normas subsidiarias por parte da Xunta de Galicia, o Concello de Bergondo avanza para un importante desenvolvemento urbanístico en San Cidre.
O seguinte paso será á aprobación do texto refundido no pleno e tras a súa posterior publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP), dende o Concello se poderán iniciar os trámites para a concesión das novas licenzas urbanísticas.
San Cidre se beneficiará dunha reorganización integral dos seus espazos, xa que a actuación permite a incorporación de novos equipamentos municipais, un espazo comercial, ampliación das zonas verdes e a notable mellora da rede viaria, contribuindo a completar a trama urbana do municipio.
Ademais, destinaranse 3.332,34 m² á construcción de arredor de 55 vivendas que responden a un novo modelo de vivenda colectiva, que incuirá tamén baixos comerciais.
Dende Alternativa sinalan a importancia de garantir a continuidade deste proxecto dada a súa relevancia para o desenvolvemento do municipio. Advertindo as posibles interferencias políticas dun PP que só quere a demora e un BNG que se está a opoñer sistemáticamente a todo o que signifique progreso para Bergondo que poidan atrasar a súa execución.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.