Oleiros ten praias e contornos dotados de numerosos servizos de calidade. Por iso, as praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Naval, Mera e Espiñeiro acaban de recibir un ano máis a Bandeira Azul para este verán.
O Concello de Oleiros realiza un traballo moi serio e rigoroso neste ámbito. Todas as praias do municipio están dotadas de múltiples servizos. Ademais, Oleiros destaca pola calidade das augas e a conservación e ordenación dos contornos das praias e de todo o litoral. Tamén existe unha ordenanza, pioneira en Galicia, que contempla unha normativa que garante a convivencia e a seguridade dos bañistas.
Ademais, o Castelo de Santa Cruz e a Aula do Mar tamén terán bandeira azul ao estar considerados como centros azuis. Un importante recoñecemento ao labor educativo e informativo que o Concello realiza desde esas instalacións para concienciar sobre cuestións medioambientais.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.