Alternativa traslada ao goberno a preocupación veciñal polas antenas de telefonía en Anceis.
Alternativa levou o asunto á Xunta de Goberno ante os movementos dunha empresa que está a procurar novos terreos na zona para a instalación de antenas.
O grupo municipal solicitou ao executivo local que realice un seguimento da situación e se anticipe a posibles avances no proxecto, co obxectivo de garantir unha resposta axeitada desde o ámbito municipal.
Así mesmo, Alternativa puxo sobre a mesa a necesidade incorporar no PXOM un plan específico de telecomunicacións que permita ordenar a instalación destas insfraestruturas, minimizando o seu impacto no territorio e a na veciñanza.
A formación indica que continuará atenta á evolución deste asunto.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.