Tuesday 05 de May de 2026

Volven as festas da Ascensión do 12 ao 17 de maio cun programa para toda a veciñanza de Compostela


As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o martes 12 e estenderase ata o domingo 17 de maio cun programa repleto de concertos e actuacións musicais para todos os públicos, teatro e eventos deportivos, sen esquecer a vertente máis tradicional con citas como a comparsa de Cabezudos, o Torneo da Chave ou os Cantos de Taberna. Mondra, Tanxugueiras ou Alba Reche son algunhas das actuacións destacadas así como o concerto dos 40 e o Composfest. O Recinto Feiral de Amio acollerá a Festa das Persoas Maiores o sábado 16 e a popular Feira Cabalar durante a xornada do xoves da Ascensión.

A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, presentou esta mañá no Pazo de Raxoi o programa completo das Festas da Ascensión que se desenvolverán entre 12 ao 17 de maio, aínda que atraccións na Alameda estarán desde este venres 8 e manteranse ata o luns 25 de maio, con horarios inclusivos sen ruído os días 8, 16 e 17 de maio de 17 h a 19 h. Tamén se mantén o Punto Lila, que estará instalado na Alameda do 13 ao 16, cun horario de atención de 20 h a 01 h.

“As Festas da Ascensión, as máis picheleiras, son sen dúbida unhas das datas máis agardadas de todo o ano. Son festas de tradición pensadas son para toda a veciñanza de Compostela”, destacou Pilar Lueiro.

Cartel de Sara Romero

A concelleira mostrou o cartel, autoría de Sara Romero, compostelá graduada en Belas Artes. “O cartel nace da idea de movemento: de ir todos cara á festa, como unha invitación colectiva a vivir a Ascensión”, explicou Pilar Lueiro, e engadiu que a composición se construúe arredor dunha figura central que camiña acompañada polo ambiente festivo.

Ao seu redor aparecen elementos representativos da cidade e das súas festas: os cabezudos, a música tradicional, o pichel, ligado ou o polbo á feira, tan presente na Alameda durante estes días.

Ao fondo da imaxe, o palco da música sitúa a escena, mentres que a nora funciona como ese primeiro sinal que anuncia a chegada da festa.

“En conxunto, o cartel busca transmitir unha sensación de ilusión compartida, de camiño cara á festa, onde tradición, lembranza e presente conviven nun mesmo espazo”, valorou a responsable municipal de Festas.

Programación para todos os públicos

Pilar Lueiro detallou o programa das festas da Ascensión 2026, que se completará coas actuacións da Romaría das Flores e do Composfest. Tanxugueiras abrirá as festas o martes 12, na praza do Obradoiro, cun espectáculo cheo de sorpresas no que o grupo presentará o seu novo disco.

O mércores 13 o Teatro Principal acolle a obra ‘Espiñas Rosas’ de ARTías Teatro ás 20 h. Na praza da Quintana dará comezo ás 21 h o Santiago 40 Pop. Xa ás 22 h na Alameda actuará a Orquestra América de Vigo.

O día grande da Ascensión, o xoves 14, comeza como é tradicional con alboradas e continuará cun concerto da Banda Municipal ás 12 h na praza da Quintana. Os cabezudos animarán a xornada a partir das 12.30 h e quen o prefira poderá ver a tradicional feira cabalar no recinto feiral de Amio. Xa pola tarde será o tempo do completo programa de Folk na rúa e da representación de ‘Esencia’, con Juan Echanove e Joaquín Climent ás 20.30 h no Teatro Principal.

O prato forte chegará ás 21 h na praza da Quintana con Mondra, cantareiro do que a concelleira de Festas amosou o seu convencemento de que a actuación “será un éxito”. Ademáis, na alameda estará a Orquestra Marbella.

O venres 15 chega outro clásico, o Composfest, ás 20.30 h na Quintana. Tamén actuará a Orquestra La Oca na Alameda. O programa do día complétase co XLIX Torneo da Chave, tamén na Alameda, e actuacións de corais en distintas localizacións durante toda a tarde.

O sábado 16 de maio será a xornada da Festas dos Maiores, do Campionato Galego de Espada, da exposición de vehículos clásicos e contemporáneos FastLife Expomotor ou das escolas de baile tradicional nas prazas da zona vella e da Romaría das Flores en Belvís, con actividades para todos os públicos e xogos tradicionais. A praza da Quintana acollerá o concerto de Alba Reche, dentro do ciclo SON Estrella Galicia. Tamén actuará a Orquestra Atenas na Alameda.

O último día das festas, o domingo 17, celebrarase a XXV Carreira da Ascensión, outra tradición, neste caso a disciplina ciclista, e a Banda Municipal ofrecerá o concerto ‘A voz das Letras Galegas’. Tamén haberá alborada, e Latexo Percursión percorrerá ás rúas da Cidade. Continúan nesta xornada o FastLife Expomotor e a Romaría das Flores, que pecha a mediodía a súa programación.

O espectáculo ‘Circes e Morganas. Celebrando a Begoña Caamaño’ poñerá o ramo ás festas da Ascensión 2026 na praza da Quintana o domingo ás 20.30 h, presentado pola alcaldesa, Goretti Sanmartín.

Pilar Lueiro asegurou que este domingo 17 de maio será “un día de moitas emocións” no que “Santiago de Compostela será a capital coas súas festas da Ascensión, a festa das Letras Galegas e a homenaxe que Begoña Caamaño merece”.

Programa Ascensión 2026

Martes, 12 de maio

O cuarto x Tanxugueiras. Conta atrás para a presentación do novo disco.

de 19 h a 22 h

Praza do obradoiro

Mércores, 13 de maio

20 h

Espiñas Rosas

ARTías Teatro

Teatro Principal

A partir da obra Entre Mujeres de Santiago Moncado

Entrada gratuíta previa recollida na billeteira

Donativo a beneficio da ONG Arraianas

21 h

Santiago 40 Pop

Presentador: Tony Aguilar

Chiara Oliver

Ruslana

Marlon

Samuraï

Daniela Blasco

Kenneth

O Xoán

Tapa D’Orella

Kike Varela & Álvaro Puga

Praza da Quintana

22 h

Orquestra América de Vigo

Alameda

Xoves, 14 de maio

10 – 12 h

Alborada a cargo da A. C. Música e Baile Tradicional de Conxo

De Conxo á praza de Fonseca

12 h

Banda Municipal de Musica de Santiago de Compostela e Agrupación Folclórica Colexiata do Sar

David Fiuza, director

Praza da Quintana

12.30 h

Comparsa de Cabezudos

Teatro Principal

Percorrido: rúa Nova, praza das Praterías, Fonseca, rúa do Franco, praza do Toural, rúa Nova, Caldeirería, Praza de Abastos, praza de Cervantes, Santo Agostiño, rúa Travesa, Casas Reais, Preguntoiro, Fonte Sequelo e rúa Nova

Folk na rúa

Praza de Santo Agostiño

18 h Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos

18.30 h Agrupación Folclórica Colexiata do Sar

19 h Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia

19.30 h Grupo de Baile e Música Tradicionais Brincadeira

Praza do Toural

18 h Agrupación Folclórica Colexiata do Sar

18.30 h Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia

19 h Grupo de Baile e Música Tradicionais Brincadeira

19.30 h Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos

Praza de Cervantes

18 h Grupo de Baile e Música Tradicionais Brincadeira

18.30 h Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos

19 h Agrupación Folclórica Colexiata do Sar

19.30 h Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia

Praza do Obradoiro

18 h Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia

18.30 h Grupo de Baile e Música Tradicional Brincadeira

19 h Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos

19.30 h Agrupación Folclórica Colexiata do Sar

Praza das Praterías

20 h Actuación conxunta

20.30 h

Esencia

Teatro Español e Entrecajas Producciones Teatrales

Auditorio de Galicia

Dirección Eduardo Vasco

Elenco Juan Echanove e Joaquín Climent

Venda de entradas: Zona C (praza de Cervantes) de martes a sábado de 11 a 14 e de 16 a 19 h

21 h

Mondra

Praza da Quintana

22 h

Orquestra Marbella

Alameda

Feira cabalar Ascensión

Mercado Nacional de Gando de Santiago (Amio)

10 h

Entrega de dorsais da inscrición previa por correo electrónico (secretaria@cabalogalego.com) na mesa do xurado para as diferentes mostras cabalares morfolóxicas e de andadura galega serrada e chapeada para cabalos cunha alzada menor a 1,5 metros.

10.30 h

Andadura galega de tradición en marcha serrada (dous tempos)

11 h

Andadura galega de tradición en marcha chapeada (catro tempos)

11.30 h

Mostra morfolóxica de cabalos de pura raza galega, sección cabalos maiores de tres anos. Gran Premio Dragóns de Santiago do Concello de Santiago de Compostela. Puntúa para a XXV Copa Galicia Pura Raza Galega.

12 h

Mostra morfolóxica de eguas de pura raza galega maiores de tres anos. Gran Premio Dragóns de Santiago do Concello de Santiago de Compostela. Puntúa para a XXV Copa Galicia Pura Raza Galega.

12.30 h

Mostra morfolóxica de cabalos e eguas percherón, bretón, hispano-bretón ou cruzamento destes. Gran Premio Cabalo Santiagueiro (sección única)

12.45 h

Mostra morfolóxica de ponis (sección única)

13 h

Entrega de premios

13.10 – 14 h

Grande espectáculo ecuestre de doma ‘Feira cabalar da Ascensión 2026’ coa presenza do subcampión do Salón Internacional do Cabalo SICAB 2025 e o “Feitizo da Rosa”. Coa colaboración da sección de doma de alta escola de Galicia “Dragóns de Santiago” da Asociación Pura Raza Cabalo Galego.

14.30 h

Fin da feira

Venres, 15 de maio

10 – 12 h

Alborada a cargo da A. C. Devagariño

Do Castiñeiriño a San Fiz de Solovio

18.30 h

Coro Voces de Compostela

Praza do Toural

19 h

Coro Asubío

Cantón do Toural

19.30 h

Coral Alegría de Compostela

Praza de Cervantes

20 h

Coro Santa Susana

Praza do Obradoiro

20 h

Bloco da Escola de Latexo Percusión

Alameda, Carreira do Conde e praza Roxa

20.30 h

Obradoiro de voces Libredón

Soportal do edificio de Correos

21 h

Coral Polifónica La Salle

Igrexa de Santa María Salomé

20 h

XLIX Torneo da Chave

Alameda. A carón da Escola Infantil de Santa Susana

22 h

Orquestra La Oca

Alameda

Sábado, 16 de maio

10 – 12 h

Alborada a cargo da A. C. Xirandaina

Das Fontiñas á praza da Inmaculada

De 9 h a 19 h

Campionato galego de Espada

Pavillón de Pontepedriña

De 11 a 20 h

FastLife ExpoMotor (Exposición de vehículos clásicos e contemporáneos)

Outlet Área Central

XXVI Festa para as persoas maiores

10 euros. Despacho de billetes do Teatro Principal: dende o día 5 ata o día 15 de maio

Horario: 10 – 13 h

14 h Xantar e a continuación actuación musical do Grupo Mar Dávila

Recinto feiral de Amio

Escolas de baile tradicional

Praza de Santo Agostiño

12 h Grupo de Baile e Música Tradicional Brincadeira

12.45 h Agrupación Folclórica Colexiata do Sar

18.45 h Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos

Praza de Cervantes

12 h Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos

12.45 h Grupo de Baile e Música Tradicional Brincadeira

18 h Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia

Praza do Toural

12 h Agrupación Folclórica Colexiata do Sar

12.45 h Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia

18 h Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos

Praza do Obradoiro

12 h Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia

12.45 h Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos

18.45 h Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia

Praza da Quintana

13.30 h Actuación conxunta

17 h

XLIX Torneo da Chave

Alameda. A carón da Escola Infantil de Santa Susana

20 h

Coral Coto da Nai de Aríns

Coral Ponte Mantible

Coral Amigos do Castiñeiriño

Coro Crecente de voces graves

Coro Harmonia Stellae

Teatro Principal

Cantos de taberna

20 h

Muiñeiros do Sarela / Airas Nunes (rúa do Vilar)

Esfolladores / Riquela (Preguntoiro)

Sons de Solobio / Bar Suso (rúa do Vilar)

21 h

Muiñeiros do Sarela / Bar Moha (rúa de San Roque)

Raianos / Bar Pepe Payá (rúa Cardeal Payá)

22 h

Esfolladores / Bar Medusa (praza de Salvador Parga)

Sons de Solobio / Bar Gramola (praza de Cervantes)

23 h

Raianos / Bar Gramola (praza de Cervantes)

22 h

Concerto Alba Reche logo SON Estrella Galicia

Praza da Quintana

22 h

Orquestra Atenas

Alameda

Domingo, 17 de maio

10 – 12 h

Alborada a cargo da A. C. Armadanzas

De Vista Alegre á praza de Cervantes

9 h a 14 h

XXV Carreira da Ascensión

Club Ciclista Compostela

Saída e meta na avenida de Xoán Carlos I

De 11 a 17 h

FastLife ExpoMotor (Exposición de vehículos clásicos e contemporáneos)

Outlet Área Central

12 h

Concerto: A voz das Letras Galegas

Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela

David Fiuza, director

Praza de San Martiño Pinario

19 h

Latexo Percusión

Praza de Praterías, rúa do Vilar, praza do Toural, rúa das orfas, rúa do preguntoiro e praza de Cervantes.

20 h

Circes e Morganas

Celebrando a Begoña Caamaño

Praza da Quintana

Deja un comentario