Neda será unhas das 56 localidades da provincia da Coruña que se beneficiarán da convocatoria de axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para financiar a contratación de socorristas en praias e outras instalacións acuáticas descubertas durante o verán. O Concello aproveitará a achega autonómica para afrontar unha parte dos gastos necesarios para garantir a seguridade na piscina municipal.
A administración local, segundo publica o Diario Oficial de Galicia deste luns, consigue este ano un total de 7.500 euros. Unha axuda lixeiramente superior á acadada o pasado verán para cofinanciar a contratación externa do servizo de socorrismo do equipamento de titularidade municipal, situado nos Subarreiros, durante o período de apertura estival.
Segundo o establecido na convocatoria destas subvencións de concorrencia competitiva, o persoal que asuma as tarefas deberá estar inscrito, antes do arranque da tempada estival, no Rexistro Profesional do Persoal de Socorrismo, Información e Primeiros Auxilios de Galicia e serán persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupadas.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.