Monday 04 de May de 2026

O Concello completa a urbanización da Fonte de San Amaro con novas rúas, zonas verdes e de ocio e 68 novas prazas de estacionamento


As actuacións melloran a mobilidade do barrio e inclúen un novo parque de calistenia, xa rematado

O Concello vén de completar a urbanización da Fonte de San Amaro, un polígono residencial que completa a estrutura urbana da cidade nese punto aporta novas rúas, espazos verdes, miradoiro, estacionamento e unha nova zona para a práctica da calistenia. O polígono, que aportará 260 novas vivendas á cidade, conta cunha extensión de 15.781 m2.
“Con esta actuación gañamos un espazo urbano de calidade en lugar dos solares que durante décadas houbo alí. Hoxe temos un novo viario público que mellora as comunicacioóns en todo o barrio e aporta estacionamento nunha zona deficitaria”, subliñou a alcaldesa, Inés Rey, que hoxe visitou a zona acompañada polo concelleiro de Urbanismo,  Rehabilitación en Vivenda, Francisco Díaz.

O proxecto inclúe a apertura das Rúas San Amaro, San Pedro e Fonte de San Amaro dando continuidade a todas mediante un novo vial perimetral que comunica de novo con Orillamar, así como Novas zonas verdes tanto na contorna do Cemiterio, como na contorna da Torrente Ballester e na zona situada entre a rúa Regata Cutty Shark e a praia de San Amaro. O novo viario aporta un total de 68 novas prazas de estacionamento, das que 4 son adaptadas para persoas con mobilidade reducida.

O custo total achégase aos 1,6 millóns de euros. A actuación supuxo melloras que van desde a mobilidade ata as zonas de ocio e a revexetación. No que se refire á accesibilidade, vai permitir a conexión entre o paseo marítimo e as rúas San Amaro e San Pedro mediante ramplas accesibles. Tamén se vai a mellorar a conexión entre o Paseo Marítimo e o Club do Mar e a praia de San Amaro. Ademais, plantáraonse 56 árbores (metrosidero, betula albela e acer) e 6.000 metros cadrados de zona de céspede. Así mesmo, se habilitarán 35 novos bancos e unha nova zona infantil.
“A finalización deste polígono, que nos vindeiros días abrirá ao tránsito, súmase a outros desenvolvementos urbanos relevantes que están en marcha, como Visma, que aportan á cidade novos espazos públicos e zonas verdes de calidade”, engadiu Rey.

Deja un comentario