Centos de veciños e veciñas maiores de 65 anos participan, hoxe, na I Festa do Maior do Concello de Ponteceso. Trátase dunha iniciativa coa que se busca “recoñecer ás persoas máis maiores, promovendo un espazo para o encontro e a convivencia veciñal”, tal e como explicou o alcalde, José Manuel Mato.
A cita inclúe varias actuacións musicais e un xantar popular a base de empanada, polbo, carne ao caldeiro e sobremesa. Así mesmo, o Concello realizará unha homenaxe á muller e ao home de maior idade e un sorteo de agasallos.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.