Uns trescentos veciños e veciñas maiores de 61 anos ou pensionistas tomaron parte na edición número 33 do Encontro de Maiores de Boqueixón, celebrada este sábado 2 de maio no pavillón polideportivo municipal do Forte. Unha xornada de lecer e confraternidade para as persoas maiores do municipio que estivo presidida polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, quen estiveron acompañados por toda a corporación municipal.
O encontro arrincou ás 12:30 horas cunha misa no salón de actos do CPIP Antonio Orza Couto, que deu paso ao xantar no polideportivo do Forte, que rematará cunha sesión musical ata as 18:30 horas. O Concello de Boqueixón puxo servizo de autobús a todas as persoas que o solicitaron canda a súa inscrición no xantar.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.