Sunday 03 de May de 2026

A Xunta salienta o XXXIII Encontro dos maiores de Boqueixón como unha iniciativa dinamizadora que fomenta a súa participación social


O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, convidou os veciños a participar nas accións e programas do Goberno galego para fomentar o envellecemento activo

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou no XXXIII Encontro dos Maiores de Boqueixón, unha iniciativa que destacou como dinamizadora do rural e que fomenta a participación social da veciñanza, especialmente das persoas maiores.
Neste sentido, o xerente do Consorcio agradeceu a todos os asistentes a súa participación que é fundamental para seguir mantendo vivos estes encontros de maiores. Ademais, convidounos a participar nas diferentes iniciativas que a Xunta pon a súa disposición para fomentar o envellecemento activo e saudable, deste xeito explicoulles que poden formar parte de programas pioneiros como Benestar en Balnearios ou obter beneficios e descontos a través do Carné +65.
Perfecto Rodríguez explicou que o benestar e a atención dos maiores é unha das prioridades do Goberno galego e que busca tamén atender as súas necesidades e preferencias. Por iso, recalcou que a Xunta promove recursos e servizos adaptados ó territorio e que favorecen que os maiores poidan permanecer nas súas casas recibindo coidados de calidade.

Deja un comentario