Máis dun cento de nenos e nenas pertentences a distintas garderías de Riveira e a escola infantil municipal participaron no día de hoxe no parque de San Roque nunha nova edición do Día da Árbore.
Os pequenos, acompañados das súas familias, plantaron cadanseu piñeiro xoven nunha zona delimitada do periurbano. Tamén se plantaroun dous plátanos: un labor no que colaboraron profesores, pais, avós e distintos edís da Corporación: Elvira Pereira (responsable de Medio Ambiente e organizadora da iniciativa), Esther Patiño, Herminia Pouso e a tenente de alcalde Fabiola García.
No acto tamén estivo o concelleiro Víctor Reiriz, quen acudiu cuns cabalos que fixeron as delicias dos nenos que se quixeron subir a eles.
O acto concluíu cunha sesión contacontos.