Están previstas as actuacións da UNED Sénior e Alba de Vales.
Ademais, farase entrega do premio do III Certame de Relato Curto, organizado polo Concello.
Paderne festexará o vindeiro 17 de maio o Día das Letras Galegas cunha programación que contempla literatura e moita música. Ademais, entregaranse os premios do III Certame de Relato Curto organizado polo Concello.
Haberá actuacións da UNED Sénior e Alba de Vales co seu espectáculo ‘Contos arredor de nós’, comezando as actividades ás 12:00 horas na Praza do Campo da Escola en Ínsua, Viñas.
Repartiranse libros entre as veciñas e veciñas que asistan, ademais dun ágape de cortesía para festexar un día de especial relevancia para a nosa Comunidade Autónoma.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.