O baixo da Casa do Concello acolleu esta tarde a presentación do libro ‘Ciego de ojos, inmenso de corazón’, da nosa veciña Rocío Cal. Nel trata a historia de seu pai, a quen moita xente vé con rexeitamento máis, tras unha volta de rosca da autora, conseguimos ver todo o que hai detrás dunha persoa.
“Grazas por estar hoxe aquí, na presentación dun libro que debe ser orgullo para toda a veciñanza de Paderne. O libro é, sen dúbida, un punto de inflexión sobre os prexuízos. Convídanos a evitar ese primeiro pensamento malicioso e crítico sobre unha persoa da que, consideramos coñecer a súa vida, pero en realidade non somos conscientes de por todo o que está a pasar ou pasou”, comezou o alcalde, Sergio Platas, na súa intervención.
O recadado coa venda de todos os exemplares irá destinado integramente para UTACA, a Unidade de Tratamento de Alcol e Condutas Adictivas.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.