O poleno municipal aprobou a moción presentada por Alternativa para a revisión da ordenanza municipal reguladora do uso de edificios e instalacións de caracter público, cos apoios do PSOE e PP e a abstención do BNG.
A iniciativa permitirá avanzar cara a unha maior dispoñibilidade de espazos municipais para o desenvolvemento de actividade e celebracións por parte da veciñanza.
A proposta recolle a necesidade de realizar unha avaliación técnica previa das diferentes instalacións e os seus usos, co obxectivo de garantir a idoneidade dos espazos para a súa cesión.
O goberno municipal amosou o seu apoio coa iniciativa de Alternativa, aportando a inclusión de máis instalacións para o estudo inicial.
Os espazos que se valoraran serán os seguintes: Centro Social Adela Jean Toca, o galpón de Villa Melania, planta baixa do Centro Social Virginia Blanco, Local Electro Carballo e a zona traseira do Galpón do Centro Social Moncho Valcarcel.
Alternativa valora moi positivamente este avance, ao considerar un paso adiante na democratización e na optimización do uso das instalacións municipais, así como favorecer a participación e a convivencia veciñal.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.