A Casa da Cultura de Neda acollerá o martes 12 de maio un obradoiro presencial para ensinar a utilizar a biblioteca dixital ebibliodacoruna, impulsada pola Deputación, con contidos accesibles durante as 24 horas do día e os 365 días do ano. O Concello abre o prazo para anotarse nesta iniciativa, chamando ao teléfono 981390233.
A sesión formativa, programada para as 18:00 horas, permitirá coñecer un pouco máis sobre Ebibliodacoruna, unha plataforma gratuíta de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, prensa e outros materiais, accesible para todos os usuarios e usuarias das bibliotecas municipais da provincia coruñesa.
Durante a sesión, as persoas que participen aprenderán como darse de alta e entrar, como navegar pola plataforma e as súas funcionalidades, as alternativas de lectura que ofrece (online, off line e mediante descarga), a política de préstamos, ou a maneira de participar nos clubs de lectura.
Para participar cómpre apuntarse con anterioridade na Biblioteca municipal de Neda ou chamando ao seu teléfono (981390233). E as persoas que asistan deberán levar dispositivo móbil con conexión a internet.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.