A deportista será entrevistada no xoves, 30 de abril, ás 20.00 horas, no Centro Social de Carreira
A atleta María José Martínez Patiño será a homenaxeada neste 2026 na Carreira da Guía, impulsada pola Asociación de Veciños de Carreira, en colaboración do Concello de Ribeira.
Esta deportista será entrevistada no xoves, 30 de abril, ás 20.00 horas, no Centro Social de Carreira, coa finalidade de que o público poida coñecer máis sobre a súa traxectoria vital e profesional.
No que respecta á carreira, a cita presentarase en vindeiras datas.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.